domingo, marzo 25, 2007

Morre o diaño

O demo co anxo, vivía feliz
O anxo gardaba as penas
Que o demo desesperan
Ata que chegou o fin

Moito tempo de ledicia
O demo e a súa maldade
Non tiveron paciencia
E acabaron coa amizade

Unha longa caída
Querese agarrar
A escuridade envólveo
Non lle deixa respirar

O que parecía a liberdade
Cortoulle as ás
Na negra e fría realidade
Encadeándoo o chan

Condenado o inferno
Sen besos nin caricias
Rodeado de recordos
O anxo escapa a súa vista

Busca a saída
E ao seu anxo guía
Sen esperanza
Levouse a luz do día

So ten unha arma
Comeza a pensar
Recorda os sentimentos
A morte é o final

Rodeado de pena
As sombras atacan
Mire onde mire
A súa vida, remata

Morre o diaño
Nunha locura vacía
Pola caída do loto
Xerminado da ledicia

Trala súa morte
O anxo volve
Traendo a luz
Separando a noite.

despues de ocho meses se acabo todo, y ahi esta el fruto de ese tiempo. Solo lo escribi para desahogarme, no me gusta mucho como poema.... pero ahi os qda.