miércoles, febrero 07, 2007

Carta de amor

Derradeiros saúdos:

Fai tempo que quería dicirche todo o que sinto, e por fin o meu corazón encontrou este momento.
Dende o primeiro día que te vin, o día no que a sorte levoume a ti, souben que eras moito, e nunca serías para min.Contareite como te vía, recordo a túa pel que non lle envexa a unha rosa do deserto, e as túas mans pequenas excitando o vento coa súa delicadeza.Vólveme á memoria os teus ollos de améndoa tostada que mostran a pura mirada, e coa boca e orellas forman a cara perfecta.
Direite todas as sensacións que facíasme vivir. Co paso dos días, e as horas xunto a ti, con xogos e caricias algo crecía dentro de min, algo que non che dixen e que me arrepentín. Algo que só un anxo coma ti pode facer sentir. As sensacións mestúranse e as palabras non chegan, para que saibas, que a túa inocencia calma a miña maldade, a túa ledicia crea en min algo que non tiña e a túa posible dor provoca en min a comprensión.Todo o que me logras cambiar poderíase reducir a unha palabra que xa non podo ocultar.
Cando me vías, sentía o lume da túa mirada derreter o meu corpo de cera e vía como as túas mans, baixadas do ceo, debuxaban no vento a paisaxe dos sentimentos. Boto de menos estar falando de nada en particular e de todo en xeral pasando as horas sen que a túa doce voz deixe de soar e de provocar en min un profundo odio ó tempo, que sempre pasa a velocidade que quere sen deterse.
Pero todo chega o seu fin, os días de ledicia e felicidade se acabaron como se murcha unha flor, lenta e dolorosamente. E o baleiro do teu corpo ocúpano a dor e os lamentos que me obrigan a escribir o que non te puiden dicir.
Xa teño que rematar e agora que teño medo a non espertar e estou obrigado a vivir enterrado en vida, dígoche cos meus últimos folgos que, sempre te quixen. Non quero que con estas liñas deixes caer a sarabia da lúa polas túas meixelas e comprendas que sempre che amarei, que encontrarei a forma perfecta que te mereces ter, e escríbote isto para que saibas que antes de morrer, o meu ardente corazón de xeo pertencíache a ti.


Recordame como era e non no que me convertín, bicos e apertas, que sexas moi feliz.


La hice para le instituto, espero q os guste.
Como llevo muchisimo tiempo sin componer nada creo q apartir de ahora usare el blog como "diaro", pondre las chorradas q me pasan cada dia, para q si alguien aun se pasa las lea, y cuando vuelva a componer lo pondre.

1 comentario:

  1. Siii

    Pero es que ultimamente apenas me conecto

    Los mediodias y los viernes, sabados y domingos por la noche.


    Los martes hasta las 9 si al dia siguiente no hay examen de historia xDDD


    Y algun ratito a escondidas.


    Kissiñoooosss

    ResponderEliminar