sábado, enero 07, 2012

Nada mais importa


Noites e días
Paixóns e ledicias
Non imaxino unha vida
Sen amarte cada día

Ollos de ocaso
Almíbar na mirada
Cando me ves
Derrétesme a alma

Bicos e agarimos
Con mans de seda
Por un bichiño
De eterna pureza

Un novo sentimento
Con cada sorriso
Ardendo en min
O amor infinito

Saír da néboa
Pola túa beleza
E cos teus encantos
Non voltar a ela

Noites e días
Paixóns e ledicias
Non imaxino unha vida
Sen amarte cada día

Pensar en ti
Como a guía da vida
Como o único astro
De palpitantes caricias

Suave lúa chea
Radiante sol
Por dentro e por fora
Do meu corazón

Morte o demo
Cos anxos ceibes
E co teu espírito
Non pensar en eles

Estar contigo
Sen importar nada
Tan so polo amor
Das nosas almas

Noites e días
Paixóns e ledicias
Non imaxino unha vida
Sen amarte cada día


___________
El poema ya tiene su tiempo pero el amor no caduca.


No hay comentarios:

Publicar un comentario