viernes, noviembre 04, 2011

A mente

Abres os ollos e, todo esta escuro.
Palpas en busca de algo por que sabes que estas de pe. E usando as mans descobres q estas pechado por todos os lados, escoitado so os latidos do teu corazón tratas de acertar de q é a prisión.
O frío q sentes nas mans, e o rascado son das uñas, non che deixan dubidar en q tratase de cristal.

Volves pechar os ollos, pensas q todo e un soño… e pasan os minutos, non ocurre nada, e achegase algo. A ansiedade chega ata ti e comeza a invadirte o mesmo tempo q o osixeno deixa o cubículo.

Enton… comezas una loita, xa non e un soño. Abres os ollos e golpeas o cristal o terceiro impacto todo se ilumina. Agora xa ves q o teu cubo de vidro esta nunha habitación e q tes una porta de escapatoria.

Ves unha escapatoria e comezas a bater, os teus puños golpean e apenas marcan o cristal. Notas cada vez mais a falta de osixeno, e ante a desesperación, e a dor no corazón, decides usar algo mais forte. Golpeas coa cabeza.

O sangue xa se desliza pola fronte, pero… o cristal xa ten gretas. Agora q estas apiques de rematar o aire, e a inconsciencia esta tan preto, descobres unha pequena nota pegada o cristal. Pese a ter a vista con néboa e a sangue pingando polos ollos pra abaixo, consegues descifrar o texto.
“perigo gas mortal”
Agora q pensabas ser libre non sabes se será certo, aínda sabes q tes uns segundos de vida e esgotado, invádete un milleiro de dubidas, preguntas q non obterán resposta.
Recolles as ultimas forzas do teu corpo, e agora a sangue deslizase moito mais rápido. Estas de pe, golpeas o cristal, nun ultimo intento.
As bagoas brotan sabes o preto da morte, e os cristais xa che resgan toda a cara, pareces ata escoitar as gotas contra o chan. A sangue cae.

Es libre, abres os ollos de repente e os teus pulmóns se chea nun ultimo intento, un intento. Mortal.
Agora a túa cabeza qda fora co cristal marcado na cara, e baleiro. Sen nada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario